Sunday 19 de May de 2024

Concedidas seis prazas á Pobra para os Campamentos Deportivos de Verán provinciais


Un ano máis, a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal participa nos Campamentos Deportivos para o verán promovidos pola Deputación da Coruña. Este programa desenvolverase no IES Rosalía Mera, na cidade herculina, con nenos e nenas de toda a provincia con idades entre os 9 e os 14 anos, inclusive.

Á Pobra concedéronlle neste 2024 seis prazas na primeira quenda, que abrangue do día 23 ao 28 de xuño. A solicitude de inscrición está ao dispor en www.apobra.gal. O documento debidamente cuberto deberase entregar no rexistro do Concello no período comprendido entre o día 8 e o 28 de maio.

Terá prioridade a rapazada que non tomase parte previamente en ningunha campaña de verán da institución provincial. A documentación e o pagamento da cota de participación por un importe de 85 euros non se efectuará ata que Administración local confirme a praza.

Deja un comentario